Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003).
Onomástica
O topónimo Rábade podería ter orixe no termo hispano-árabe rabaḍ, co significado de "barrio, suburbio", que deu tamén o termo arrabalde. O xentilicio é «/esa» ou «».
Demografía Censo total 2014 1604 habitantes Menores de 15 anos 171 (10,66 %) Entre 15 e 64 anos 998 (62,22 %) Maiores de 65 anos 435 (27,12 %)
Xeografía O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.
A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de GaliciaSó por diante de Mondariz Balneario, con 2,3 km².. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.
Historia Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte estableceuse a portaxe ou pago por dereito de paso.
Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925 Rábade converteuse en concello independente ó segregarse de Begonte.
En 1875 inaugurouse o tramo Lugo–A Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.
Festas Feiras os días 2 e 22 de cada mes. Festas patronais, os días 22 e 23 de xaneiro. Festas da Asunción de María, o 15 de agosto.
Galería de imaxes
Lugares de Rábade Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Rábade Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía