Miguel Cavadas Docampo, nado en Vigo en 1996, é un guionista, escritor e creador escénico galego.
Traxectoria
Graduouse en Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela. En 2020 obtivo unha bolsa de La Caixa para cursar un MFA en Guión na sede da Universidade de Boston de Los Ángeles. Estreou dúas longas montaxes teatrais coa compañía de creación colectiva Faísca Teatro (USC). Os seus guións foron seleccionados en varios concursos como NALIP, WeScreenplay Diverse Voices, Scriptapalooza. Tamén foi finalista do Programa Paramount Writers Mentoring para guionistas emerxentes e forma parte do equipo de guionistas da produtora mexicano-estadounidense Elefantec Global.
Desde 2024 traballa como guionista e escritor. A columna vertebral da súa obra son o universo rural, as relacións afectivas, as experiencias migratorias e a idea de masculinidade.
Obras
Poesía
himno nacional (2025). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 978-84-129324-2-3.
Guionista
O camposanto (2023). Curta en desenvolvemento. Finalista do Paramount Writers Mentoring Program. Un mundo raro (2023). Writers Assistant
Premios
2019: Xuventude Crea, 2º relato curto, por O camposanto. 2019: 1º Premio de Poesía Mazarelos, por Nai. 2020: Premio de Poesía Díaz Jácome, por Adagio. 2024: XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, por Himno nacional. O xurado destacou «a frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar».
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1996 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Boston Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón