Guillermo Rosas Alonso, coñecido como Guille Rosas, nado en Xixón o 17 de maio de 2000, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Sporting de Gijón, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Xeitosa CF e do Sporting de Xixón, no que ingresou en 2009. Para a tempada 2019/20 foi ascendido ao Sporting B, da Segunda División B, co que debutou o 16 de novembro de 2019 ante o Celta de Vigo B.

O 11 de outubro de 2020 debutou co primeiro equipo, substituíndo ao ucraíno Bohdan Milovanov nunha derrota por 0-1 nun derbi asturiano ante o Real Oviedo.

Notas

Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21