Loli Rodríguez Rodríguez, nada en Torbeo (Ribas de Sil) en 1964, é unha escitora galega.
Traxectoria
Naceu en Torbeo, criouse en Monforte de Lemos, estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Deixou a profesión para levar unha libraría-papelaría durante anos, despois traballou de celadora no Hospital Meixoeiro de Vigo.
En 2024 gañou o Premio Torrente Ballester pola obra en galego Nailía, o xurado valorou «a boa narración da historia e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e na estrutura pero moi actual no punto de vista á hora de abordar o relato e a representación de mulleres diversas e as imaxes poéticas que crea durante a narración con moi bo manexo dos diálogos».
Obras Os nomes de Val (2023). A Coruña: Medulia, Narrativa. 274 páxs. ISBN 978-84-19438-59-1. É a historia dunha nena criada en adopción na década de 1960 que conta a súa vida. Nailía (2025). Vigo: Galaxia. 188 páxs. ISBN 978-84-1176-505-3. Premios Premio Torrente Ballester por Nailía. Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026 por Nailía. Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela