Secundino Abelenda Baltar, coñecido como Conín, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1910, foi un marñeiro e político galego.

Traxectoria Mariñeiro do Carril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Foi detido a finais de 1938 como desertor de Mariña xunto con Juan Domingo Velo Buceta, Manuel Celso Cayón Loureiro, Manuel González Oliveira e Ramón Rodríguez Eiras.El Pueblo Gallego, 2-12-1938, p. 2. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión o 7 de setembro de 1939, foi condenado a 20 anos de prisión. A pena foi conmutada a 8 anos de prisión en 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1939.El Pueblo Gallego, 28-10-1939, p. 5. Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1941.BOE, 17-6-1941, p. 5341-5342. Colaborou nas actividades clandestinas do Partido Comunista de España, cando Ramón Amilibia Machimbarrena intentou reconstruír o partido en Vigo logo da caída de Eladio Rodríguez, Francisco Barreiro e Jacinto Nogueira en outubro de 1941. Volveu ser detido en 1943 e ingresou na Prisión de Madrid o 13 de xullo. Cumpriu condena no Penal de El Puerto de Santa María, Prisión de Santiago de Compostela, El Dueso, Central de Burgos e novamente Colonia Penitenciarla del Dueso de onde saíu en liberdade condicional en febreiro de 1952.BOE, 29-3-1952, p. 1410.

Vida persoal

Foi pai de Moncho, Javier e Marina Abelenda.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Secundino Abelenda Un home integro…Secundino Abelenda Feito un galan

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en ano descoñecido