Claudia Castellanos Lara, nada en Madrid o 19 de xullo de 2006, é unha xogadora de hóckey sobre xeo española. Xoga de dianteira e en 2025 xogará no equipo das Lions da Universidade de Lindenwood (Missouri) na División I da National Collegiate Athletic Association (NCAA).
Traxectoria Claudia Castellanos naceu en Madrid o 19 de xullo de 2006 e aos catro anos comezou a patinar no xeo na modalidade de patinaxe artística, pasándose pouco despois ao hóckey sobre xeo logo de ver un adestramento e probalo. e formouse no Quimeras Valdemoro, equipo co que tamén debutou na Liga Iberdrola, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en España, da que foi nomeada mellor xogadora do mes de novembro en 2021 con tan só 15 anos. Na tempada 2023-24 trasladouse aos Estados Unidos, onde xogou dous anos nas filas do Newark Ironbound U19 da AAA League.
En decembro de 2024 converteuse na primeira xogadora española en competir na División I da NCAA logo de asinar coas Lions da Universidade de Lindenwood (Missouri).
Selección española Claudia Castellanos ten xogado tanto coa selección española absoluta como coa selección española sub-18, coa que foi a máxima anotadora do Campionato do Mundo da División IB que se disputou en Jaca en 2024 grazas aos seus 11 goles e 3 asistencias que axudaron ao equipo español a lograr a medalla de prata.
Palmarés Se ben a maior parte dos seus logros chegaron coa selección española sub-18, Claudia Castellanos ten conseguido coa selección absoluta os seguintes logros:
1 medalla de bronce do Campionato do Mundo División IIA: 2022 1 medalla de prata do Campionato do Mundo División IIA: 2023
Notas
Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de España Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Personalidades sen imaxes