Ramón Villot Canal, nado en Ourense cara a 1899 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 1965, foi un mestre, xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Modesto Villot Varela. Foi director da Academia Villot de Vigo. Participou na reunión constitutiva da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (ATEV) o 19 de xullo de 1931 e foi secretario do seu primeiro comité directivo presidido por Víctor Fraiz Villanueva. Déuse de baixa na Asociación a mediados de 1932 e paou a ser vicepresidente do Sindicato Católico de Oficios Varios. Ese mesmo verán participou na constitución do Partido Nacionalista Español de Vigo. Foi elixido presidente da Juventud do Bloque Nacional en setembro de 1935.Faro de Vigo, 4-9-1935, p. El Pueblo Gallego, 14-9-1935, p. En novembro convertéuse en director do seu órgano España. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi censor de prensa e comentarista de Radio Vigo pronunciando conferencias a prol dos sublevados.El Pueblo Gallego, 3-10-1936, p. 2.
Finou en Vigo o 7 de febreiro de 1965 con 65 anos.Hoja Oficial del Lunes 8-2-1965, p. 2, 3..
Vida persoal
Casou con María del Carmen Villot Vidal en 1932,Vida Gallega, 10-10-1932, p. 43. e foi pai de Ramón, María del Carmen, Julio, José María, Mercedes e Dolores Villot Villot. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense
Categoría:Nados en 1899
Categoría:Finados en 1965