A secretómica é un tipo de proteómica que implica a análise do secretoma; é dicir, de todas as proteínas segregadas dunha célula, tecido ou organismo. As proteínas segregadas desenvolven un rol nunha variedade de procesos fisiolóxicos, como a sinalización celular e a remodelación da matriz, pero tamén son parte integral da invasión e metástase de células malignas. Por iso, a secretómica foi especialmente importante no descubrimento de biomarcadores do cancro e na comprensión das bases moleculares da patoxénese.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ómica Bioinformática Proteómica
Categoría:Bioinformática Categoría:Biotecnoloxía Categoría:Xenómica Categoría:Proteómica