Picus é un xénero de aves na familia dos pícidos, xeralmente chamados petos verdeais. Ten representantes en Europa, Asia e norte de África. O nome do xénero procede da palabra latina para "peto". O xénero Picus foi creado polo naturalista sueco Carl Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema Naturae.
Son petos de tamaño grande, característicamente coas partes superiores de cor verde. Viven en bosques espesos ou máis abertos, e poñen ovos brancos nun burato nunha árbore, normalmente sobre unha camada de estelas de madeira. Os petos do xénero Picus comen principalmente insectos, con varias especies especializadas en comer formigas ou térmites. Algunhas especies aliméntanse tamén de froitos ou ovos. Os insectos son capturados sacando rapidamente a súa lingua longa e de punta con saliva pegañenta que teñen. Este xénero é menos completamente arbóreo que outros pícidos, e os seus membros tamén se poden alimentar no chan, atacando formigueiros ou termiteiros.
Taxonomía O xénero Picus foi creado en 1758 por Carl Linné na 10ª edición de Systema Naturae. O nome do xénero é a palabra latina para peto. Pico (Picus) era tamén unha figura da mitoloxía romana, o primeiro rei do Lacio que foi convertido en peto pola feiticeira Circe. Das 13 especies deste xénero listadas por Linné, despois o naturalista inglés William Swainson designou como especie tipo o peto verdeal europeo (Picus viridis).
O xénero comprende 14 especies: Imaxe Nome común Nome científico Distribución120px Picus chlorolophus India, Bután, Nepal, Bangladesh e Sri Lanka e cara ao leste en Tailandia, Myanmar, Camboxa, Laos, Indonesia, Malaisia e Vietnam. 120px Picus puniceus Brunei, Indonesia, Malaisia, Myanmar, Singapur e Tailandia. 120px Picus viridanus do sueste de Bangladesh ao centro da península de Malaca.120px Picus vittatus Camboxa, China, Indonesia, Laos, Malaisia, Myanmar, Singapur, Tailandia e Vietnam.120px Picus xanthopygaeus subcontinente indio e sueste asiático120px Picus squamatus Afganistán, Irán, India, Nepal, Paquistán e Turcomenistán. 120px Picus awokera Xapón. 120px Peto verdeal europeo Picus viridis Europa ao sur desde o sur da antiga Iugoslavia, Bulgaria, Asia Menor, norte de Irán e suroeste de Turcomenistán. 120px Peto verdeal ibérico Picus sharpei Europa.120px Peto mourisco Picus vaillantii Marrocos, Alxeria e Tunisia no noroeste de África120px Picus rabieri Camboxa, China, Laos, e Vietnam. 120px Picus erythropygius Camboxa, Laos, Myanmar, Tailandia e Vietnam. 120px Picus canus Europa central, setentrional e oriental, e un amplo cinto ao sur do bosque boreal de coníferas a través de Asia e ata a costa do Pacífico, Sakhalin e Hokkaido.Picus dedemiIndonesia
Antigas especies As seguintes son especies que antes estaban clasificadas dentro do xénero Picus, pero que agora están no xénero Chrysophlegma. Chrysophlegma flavinucha Chrysophlegma mentalis Chrysophlegma miniaceus
Un peto extinguido describiuse a partir dun fósil dun tarsometatarso esquerdo que data do Mioceno trdío. Pode pertencer a este xénero e recibiu o nome binomial de Picus peregrinabundus.
Notas
Categoría:Pícidos Categoría:Taxons descritos por Linné