Eberhard Schoener, nado en Stuttgart o 13 de maio de 1938, é un compositor, director de orquestra e músico experimental alemán. Schoener é considerado un pioneiro da electrónica e un dos primeiros en empregar o sintetizador Moog en Europa. Despois dunha estancia nos anos 70 en Indonesia, onde estudou relixión e música asiáticas, publicou o álbum Meditation, onde reinvindica que para que un músico sexa verdadeiramente eficiente debe "comprender as súas propias raíces musicais".

Traxectoria Durante a década dos anos 50 completa estudos de violín e dirección de orquestra. Nos anos 60 fundou a Orquestra Sinfónica Xuvenil de Múnic. E nos anos 70 colaborou á fronte da orquestra, con Procol Harum na xira alemá de 1972. Nese mesmo ano asina o traballo dos álbums de Jon Lord, "Gemini Suite" e "Windows". Adquirira un sintetizador Moog en 1968 e popularizouno na escena alemá convencendo ao artista Florian Fricke, fundador do Popol Vuh, a comprar un. En 1971 publicou os seus tres primeiros discos, e o álbum Meditation (1974) conta como o seu primeiro disco electrónico.

En 1977 publicou o seu noveno álbum, Trance-Formation, lanzado entre o selo de Schulze, IC, e o selo progresivo de EMI, Harvest. Asinado como Eberhard Schoener and the Secret Society. Con percusión de Nippi Noya (Jan Akkerman Band), Hansi Ströer ao baixo, Mary Gregoriy á voz, Raymund Elleder aos teclados e Andy Summers ás guitarras. Ademais da orquestra Tölzer Knabenchor e da Ópera de Cámara de Múnic contrata para o disco a monxes do Mosteiro SAMA. Schoener compón, arranxa, produce, dirixe e toca o Moog, o órgano, o piano e o Mellotron. No traballo emprega recursos da música gamelan hindú, chinesa e balinesa.

Dende os anos 70 tentou xuntar a música clásica, a música pop e a música do mundo. Traballou durante varios anos con bandas como Procol Harum, Tangerine Dream, o músico Sting e máis tarde The Police. Tamén apareceu no álbum The Turn of a Friendly Card de The Alan Parsons Project como director dos músicos da Ópera de Cámara de Múnic.

En 2005 dirixiu a Orquestra da Radio de Múnic no Soño da noite de verán de Múnic, un evento anual destacado no Parque Olímpico da cidade. Ao ano seguinte, en 2006, publicouse o CD Eberhard Schoener and Friends. En 2010 escribiu a música da película Greed, de Dieter Wedel. En 2011 fundou o Tegernsee Summer Festival coa actuación do Walpurgiszauber. Dream Paths of Music seguiu en 2012 como parte deste festival. Esta produción foi gravada para a televisión bávara e emitiuse o 5 de setembro de 2013. O 22 de novembro de 2014, Eberhard Schoener foi galardoado co premio honorífico SoundTrack Cologne.

En maio de 2019, Schoener entregou o seu sintetizador modular Moog IIIp ao Museo Alemán de Múnic.

Vida Persoal Schoener está casado coa historiadora da arte e autora Stefanie Schoener desde 1967, quen escribiu a súa biografía en 2009.

Discografía Die Schachtel/The Box (Deutsche Grammophon, 1969) Destruction of Harmony (Ariola, 1971) A Day's Lullaby (WEA, 1972) Windows (EMI, 1974) Sarabande (EMI, 1975) Meditation (Schoener, 1973 – Kuckuck, 1982) Bali Agung (EMI, 1975 – Kuckuck, 1980) Bastien und Bastienne (EMI, 1976) Der Schauspieldirektor (EMI, 1976) Trance - Formation (EMI, 1977) Flashback (EMI, 1978) Video Magic (EMI, 1978) Events (EMI, 1980) Time Square (EMI, 1981) Complicated Ladies (Phonogram, 1983) Sky Music - Mountain Music (Celestial Harmonies, 1984) Spurensicherung (Phonogram, 1985) Eberhard Schoener System (Phonogram, 1986) Bon Voyage (Phonogram, 1987) Das Erbe der Guldenburgs (Sony, 1989) Trance Mission (Marlboro, 1991) Why Don't You Answer (Phonogram, 1992) Harmonia Mundi (Intercord, 1993) Time Cycle (Phonogram, 1994) Palazzo dell'Amore/Cold Genius (BMG, 1996) Hey Mr Gentleman (BMG, 1998) Potsdamer Platz (BMG, 1998) Namaste-Puja (BMG, 1999) Beleza Negra/Eine Rache (BMG, 2001)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Eberhard Schöner (con Sting) - Why Don't You Answer (Orixinal)en youtube

Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Nados en Stuttgart Categoría:Nados en 1938