O Hervannan jäähalli é un pavillón de xeo situada no distrito de Hervanta, ao sur da cidade de Tampere, Finlandia. O recinto ten dúas pistas de xeo.

Historia As obras do Hervannan jäähalli finalizáronse en 1984. O recinto deportivo foi construído nun búnker que xa existía no lugar.

Logo de varios anos pospoñéndose, en abril de 2023 comezaron as obras de remodelación das instalacións, cuxos vestiarios e baños estaban case no seu estado orixinal, ademais os problemas co aire interior obrigaron en 2023 a instalar purificadores de aire. Os traballos comezaron máis tarde do previsto a petición dos clubs, para que puideran finalizar as actividades deportivas da tempada antes do inicio das obras. Se ben inicialmente estimouse que o custo da reforma sería de algo máis de dous millóns de euros, o orzamento acabou aumentando ata os 2,8 millóns, un incremento que tivo que aprobarse en febreiro dese mesmo ano.

Características miniatura|esquerda|A pista número 1 dende a cafetería. O pavillón está situado no distrito de Hervanta, ao sur da cidade de Tampere, a 40 metros de profundidade, o que levou á pista de xeo a ser considerada a especial de Finlandia. Ao ser un recinto subterráneo a unha gran profundidade, só se pode acceder a el por ascensor, nun traxecto que dura ao redor dun minuto.

Ten dúas pistas de hóckey sobre xeo de dimensións internacionais. Ambas as pistas están habilitadas para a práctica, tanto do hóckey sobre xeo como do ringette, e unha delas (a número 1) te dous corredores para a práctica do curling. As súas pistas son empregadas habitualmente por equipos de formación de hóckey sobre xeo, para ringette, para patinaxe artística, escolas, empresas... e hai quendas de patinaxe público gratuíto na tempada de outono a marzo.

O Hervannan jäähalli non ten bancadas mais si cafetería.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Os pavillóns de xeo da cidade de Tampere

Categoría:Recintos deportivos de Tampere Categoría:Hervanta