José do Olmo Suárez, nado en Piedralaves (provincia de Ávila) o 1 de xaneiro de 1994, coñecido artisticamente como Jarfaiter, é un rapeiro independente español considerado unha das principais figuras do «rap quinqui». Tamén participou en series e películas aínda que con papeis discretos, unha destas series é "Hasta el cielo" onde representa ao personaxe chamado Toño.
Traxectoria Jarfaiter naceu en Piedralaves e reside no barrio de Cuatro Caminos (Madrid). Durante a súa infancia empezoulle a gustar o rap. Na súa mocidade escoitaba grupos de punk como Cicatriz ou Arpaviejas e outros estilos como a rumba e o flamenco, estilos que influíron notablemente nas súas cancións. En 2015, tras 3 maquetas, publicou o seu primeiro disco: Antihéroe.
En 2017 autoeditou Criminal Nadsat, o seu segundo disco, que incluía algunhas das súas cancións máis famosas como "Original Quinqui" ou "Presto Presto".
O estilo de Jarfaiter, que el autodefine como «ópera criminal» ou «funky delito», caracterízase polas referencias e loubas continuas á violencia, á loita antisistema e/ou antifascista, e á vida dos barrios obreiros de Madrid. No videoclip de «A mi pueblo», Jarfaiter, «con base folclórica» e «un son reggaeton» efectúa unha oda a Piedralaves.
O 26 de xaneiro de 2024 Jarfaiter publicou o seu último álbum "Non son ninguén".
Notas
Categoría:Rapeiros de España Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados na provincia de Ávila