The Olivia Tremor Control foi unha banda estadounidense de psicodelia procedente de Athens, Xeorxia que publicou dous álbums de estudio, un disco extra, unha colección de sinxelos e un álbum ao vivo entre 1996 e 2000. Os seus principais membros foron Will Cullen Hart, Bill Doss, Eric Harris, John Fernandes e Peter Erchick. Combinaron indie rock e neopsicodelia, tomando influencia de bandas de pop psicodélico da década de 1960, como os Beach Boys e os Beatles.

The Olivia Tremor Control orixinouse como unha banda chamada Cranberry Lifecycle, formada en Ruston, Louisiana a finais dos 80 por Hart e o seu amigo do instituto Jeff Mangum. Os dous mudáronse a Athens, e reelaboraron cancións de Cranberry Lifecycle como unha nova banda chamada Synthetic Flying Machine. Despos de que se unise Doss, Mangum deixou o grupo para traballar nun proxecto en solitario que posteriormente se convertería en Neutral Milk Hotel. Doss e Hart rebautizaron á banda The Olivia Tremor Control e recrutaron a Fernandes, Harris, e Erchick. Con esta formación, The Olivia Tremor Control publicou dous álbums: Dusk at Cubist Castle (1996) e Black Foliage (1999). Ambos álbums recibiron críticas positivas.

Tras o lanzamento de Black Foliage, s tensións creceron entre Hart e Doss, e a banda separouse no ano 2000. Hart foi hospitalizado con esclerose múltiple en 2005, e cando Doss foi visitalo, os dous reconciliáronse e reuniron a banda en 2009. A metade das sesións de gravación dun terceiro álbum, Doss morreu dun aneurisma en 2012. Hart morreu en 2024.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Music from the Unrealized Film Script: Dusk at Cubist Castle 1996 Flydaddy Explanation II: Instrumental Themes and Dream Sequences 1998 Flydaddy Black Foliage: Animation Music Volume One 1999 Flydaddy, Cloud Recordings Singles and Beyond 2000 Emperor Norton John Peel Session 2000 Chunklet Magazine

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais de pop psicodélico Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 1993