miniatura|Escultura «Solidariedade» (Ricardo Velosa, 1998) no Funchal, ilha da Madeira|260x260px O Día Internacional da Solidariedade Humana, celebrado anualmente o 20 de decembro, foi implementado polas Nacións Unidas en 2005. O seu obxectivo principal é recoñecer o valor universal da solidariedade e animar aos Estados membros a formular e compartir estratexias de redución da pobreza a nivel mundial.

Historia O Día Internacional da Solidariedade Humana foi implementado baixo os auspicios da Declaración do Milenio das Nacións Unidas. Isto determina os dereitos civís e políticos de todos os individuos na era moderna e promove as relacións de política exterior entre os Estados membros e a ONU. Constituíuse formalmente o 22 de decembro de 2005, coa sinatura da resolución 60/209, pola que se recoñecía a solidariedade como valor fundamental e universal.

Esta xornada está promovida polo Fondo Mundial de Solidariedade e o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, que se centran na consecución dos obxectivos marcados para a erradicación da pobreza en todo o mundo.

Obxectivos Segundo as Nacións Unidas, o Día Internacional da Solidariedade Humana ten como obxectivos:

celebrar a nosa unidade na diversidade lembrar aos gobernos que respecten os seus compromisos cos acordos internacionais; sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da solidariedade; fomentar o debate sobre formas de promover a solidariedade, para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel, é dicir, a erradicación da pobreza; fomentar novas iniciativas dirixidas a erradicar a pobreza.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de días oficiais Índice de Desenvolvemento Humano Países en desenvolvemento

Ligazóns Externas

Sitio web oficial | Día Internacional da Solidariedade Humana ONU | Campaña do Día Internacional da Solidariedade Humana en 2018: HeForShe Noticias da ONU | Día Internacional da Solidariedade Humana

Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas