O tesouro da Fonsagrada é un conxunto de 108 denarios romanos descuberto en 1956 no lugar de Monteseiro, A Fonsagrada.

Descuberta

Foi atopado por Oliva Díaz, unha nena que daquela tiña 14 anos, cando estaba alindando as vacas na compaña doutros nenos, no lugar de Pena da Ola, en Monteseiro, no concello lugués da Fonsagrada. Segundo declaracións da propia descubridora, as moedas estaban dispostas no interior dun recipiente metálico brillante, e inmediatamente despois da súa descuberta levounas para a súa casa."O 'tesorillo' de Oliva volve a casa". En El Progreso. 12 de febreiro de 2022.

Descoñécese a data exacta da descuberta, aínda que se sabe que o conxunto foi adquirido polo daquela director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, a Germán Díaz Álvarez, o pai da descubridora, por 825 pesetas, en xuño de 1956, e desde aquela pasou a formar parte da colección numismática dese museo."Tesouriño da Fonsagrada (Lugo)". Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 50.

Contido O tesouro componse de 108 denarios, que presentan un estado de conservación bo. Sete deles son da época republicana e os 101 restantes pertencen ao Imperio Romano."B.2. A Fonsagrada". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 771.

Dos denarios republicanos deste tesouro foron cuñados a nome das familias Sergia (116 - 115 a. C.), Minucia (103 a. C.), Cassia (63 a. C.), Fonteia (55 a. C.), Acilia (49 a. C.), Iulia (49 - 48 a. C.) e Carisia (46 a. C.).Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 772.

Pola súa banda, os denarios imperiais abranguen desde o tempo do emperador Tiberio (14 - 37 d. C.) ao de Traxano (98 - 117), o que é un indicio para considerar que o soterramento debeu realizarse a principios do século II.

A atribución dos denarios é a seguinte:Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 50.

+EmperadorPeríodoExemplaresTiberio14 - 371Nerón52 - 681Galba 68 - 691Vitelio692Vespasiano69 - 7914Tito79 - 813Domiciano81 - 9324Nerva 96 - 983Traxano 98 - 11748

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9 Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444 Cavada Nieto, M. (2005). "Numismática romana en la provincia de Lugo". En Boletín do Museo Provincial de Lugo. XII, 1. Páxinas 41-70 Fontecha, R. (1958-59). “Hallazgos de denarios romanos en las cercanías de Fonsagrada”. En Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo. VI. Páxinas 113-116.

Outros artigos

Tesouro Museo Provincial de Lugo

Categoría:Tesouros monetarios Fonsagrada, A Categoría:Tesouros romanos Categoría:A Fonsagrada Categoría:Gallaecia Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes