Aurelio Souto Blanco, coñecido como Aurelio de Pantaño, nado en Guizán (Mos) cara a 1903 e finado en Tameiga o 12 de xullo de 1937, foi un xornaleiro e político galego.
Traxectoria miniatura|275px|Homenaxe ás vítimas da represión en Mos.
Vecino de Louredo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 2 de novembro xunto con Ángel Matilde Migueles, Plácido Blanco Pérez e José Ricón Fernández.El Pueblo Gallego, 4-11-1936, p. 3. Integrouse na partida de fuxidos de Vicente Guillén Biel. Realizaron varios asaltos na comarca de Vigo. O 12 de xullo de 1937, nun enfrontamento coas forzas dedicadas a perseguir os fuxidos no monte dos Valos (Redondela) resultou morto xunto con Enrique Acuña Gómez; tamén foi abatido por Vicente Guillén o cabo falanxista Celestino González Mouriño.El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8. O seu cadáver apareceu na marxe esquerda da estrada de Redondela a Porriño. Foi soterrado na fosa de Mos.Fosa de Mos Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Memoria Democrática
A resistencia armada: Vicente Guillén Biel.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1937