miniatura|300x300px|O deserto do Sáhara foi, fai uns miles de anos, unha sabana.A desertización é o proceso evolutivo natural dunha rexión cara a unhas condicións morfolóxicas, climáticas e ambientais coñecidas como deserto. A desertización é un fenómeno que se produce sen a intervención humana, a diferenza da desertificación.

Factores Os factores que causan a desertización son de diversa índole: factores astronómicos (como os ciclos de Milankovic), xeomorfolóxicos (oroxénese, distribución das masas continentais) e dinámicos (relacionados coa actividade xeolóxica e biolóxica da Terra).

O gran responsable, aínda que non o único, da estendida erosión nos solos españois é o clima. A España seca, árida ou semiárida, recibe poucas precipitacións ao ano, pero cando cae a chuvia faino, frecuentemente, de forma torrencial, habitualmente no outono, cunha forza capaz de erosionar facilmente os terreos. A falta de auga provoca, tamén, que a vexetación sexa escasa e que achegue pouca materia orgánica ao solo e que lle proporcione unha débil protección.

Casos singulares miniatura|280x280px|Arte rupestre en que se representa abundante fauna, en Tassili n'Ajjer. Un dos exemplos máis recentes de desertización é o deserto do Sáhara. Como se pode observar nas pinturas rupestres, como Tassili n'Ajjer ou Wadi Tashwenat, nas que se retratan a grupos cazadores perseguindo abundante fauna, fai uns miles de anos este deserto era un lugar de sabanas e pradarías, coa súa fauna e flora características (hipopótamos, elefantes, xirafas etc.).

Véxase tamén

Desertificación

Notas

Categoría:Xeografía Categoría:Xeoloxía Categoría:Ecoloxía Categoría:Erosión