O tesouro de Muras é un conxunto de 52 moedas medievais dun real de prata emitidas a nome de Pedro I de Castela no século XIV, aparecido en Muras, Lugo en 1983.
Descuberta e contido O tesouro de Muras foi descuberto no transcurso dunhas obras nunha vivenda particular desta localidade luguesa, e descoñécense máis circunstancias acerca do seu achado e tamén a súa composición orixinal."Tesouriño de Muras (Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 53.
miniatura|260x260px|esquerda|Real de Pedro I de Castela da ceca de Sevilla, similar aos que conforman o tesouro de Muras.
As moedas conservadas procedentes del foron divididas en dúas institucións museísticas. Por unha banda, o 12 de novembro de 1983 consta unha adquisición de 34 moedas a Armando Durán Cao, cunha subvención da Fundación Barrié, por un importe de 18.000 pesetas;Alcorta Irastorza, E. (2016). "As, maravedí, real y peseta. Un paseo por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo". En XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014). Páxina 134. RCM-FNMT, Madrid. ISBN 978-84-89157-73-6 estas moedas foron depositadas no Museo Provincial de Lugo. Todos os exemplares eran reais de prata cuñados a nome de Pedro I de Castela (1350-1369), cuñados nas cecas da Coruña, Sevilla e Burgos. O seu estado de conservación é moi variable e todas amosan o característico deseño da letra P coroada no anverso e o escudo cuadrilobulado coas armas de Castela e de León no reverso."B.5. Muras". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 773.
Por outra parte, o numismático Núñez Meneses indica que no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, da Coruña, se atopan outros 18 exemplares similares procedentes deste mesmo achado, depositados igualmente por Armando Durán Cao.Núñez Meneses, P. (2016). Páxinas 169, 176.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9 Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444 Núñez Meneses, P. (2016). "Hallazgos inéditos de moneda medieval en Galicia". En Cuadernos de Estudios Gallegos. LXIII. Nº 129. Páxinas 163-203.
Outros artigos
Tesouro Museo Provincial de Lugo Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón
Categoría:Tesouros monetarios Muras Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Muras Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes