O mosaico de Dédalo e Pasífae é un mosaico romano descuberto no nº10 da rúa Armañá en Lugo en setembro de 1986.
Características Forma parte dunha serie de mosaicos datados na primeira metade do século III, estes eran dunha edificación complexa datada entre os séculos III e IV. Mide uns 38 m2 e describe a escena do momento no que Dédalo fai entrega á raíña cretense Pasífae da vaca de madeira que faría posible a consumación co touro ofrecido a Poseidón, do que naceu o Minotauro. O marco ou decoración perimetral ten diversos motivos xeométricos: arcadas, cadrados que se tocan polos vértices, liñas de rombos, copas de abeto, peltas, etc. A estancia identifícase cun oecus ou comedor.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mosaicos de Batitales Casa dos Mosaicos Mosaico romano de Panxón
Categoría:Mosaicos romanos Categoría:Lugo Categoría:Gallaecia