Ángel Matilde Migueles, coñecido como Cataplín, nado en Zamora cara a 1892 e finado en Louredo (Mos) en decembro de 1936, foi un funcionario e político español.
Traxectoria
miniatura|275px|Homenaxe ás vítimas da represión en Mos.
Vecino de Louredo. Conserxe de telégrafos. Emigrou aos Estados Unidos de América, onde estivo dous anos. Militante do Partido Comunista de España. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 2 de novembro xunto con Aurelio Souto Blanco, Plácido Blanco Pérez e José Ricón Fernández.El Pueblo Gallego, 4-11-1936, p. 3. Agochado nun zulo na súa propia casa, os gardas cívicos e gardas civís que o buscaban prendéronlle lume á casa en decembro de 1936, ao parecer, sen saber que el estaba no interior.El Diario de Pontevedra, 8-1-1937, p. 2.
Vida persoal
Casou con Florentina Fernández Alonso en 1915,Noticiero de Vigo, 31-1-1915, p. 3. e foron pais de Tomás, María Libertad Matilde Fernández e outros catro fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Memoria Democrática
Categoría:Políticos do PCE
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Zamora Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1936