Elizabeth Jean Carroll, máis coñecida como E. Jean, nada o 12 de decembro de 1943 en Detroit, Míchigan, é unha xornalista e autora estadounidense.

Traxectoria É coñecida pola súa columna "Ask E. Jean" que apareceu na revista Elle desde 1993 até 2019.

En xuño de 2019, Carroll acusou a Les Moonves e Donald Trump de agresión sexual, supostamente producida a mediados dos anos 90. Tanto Moonves como Trump negaron as acusacións. Posteriormente, Carroll demandou a Trump por difamación e agresión, nun caso xudicial contra el que chamou a atención dos medios de comunicación de masas. O 9 de maio de 2023, un xurado concedéulle 5 millóns de dólares estadounidenses, considerando a Trump culpable de difamación e abuso sexual contra ela. Un novo xurado estimou que as calumnias de Trump, expresadas de forma pública tras as acusacións iniciais, foron extremadamente graves e deliberadas. Isto deu lugar a unha sentenza moito máis elevada: 83,3 millóns de dólares, que incluían unha combinación de danos compensatorios e danos punitivos. En setembro de 2025, o Tribunal de Apelacións do 2º Distrito de Estados Unidos confirmou o veredicto que obriga a Donald Trump a pagar 83,3 millóns de dólares a E. Jean Carroll por difamación, derivada de comentarios feitos en 2019 en que negaba as acusacións de agresión sexual. Os xuíces rexeitaron a alegación de inmunidade presidencial e ratificaron que as indemnizacións ditadas polo xurado eran razoables á luz dos feitos do caso.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América