Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2025. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2025".

Personalidades internacionais Xaneiro 1 de xaneiro, David Lodge, 89 anos, escritor británico. 7 de xaneiro, Jean-Marie Le Pen, 96 anos, político francés.Jean-Marie Le Pen, French far-right leader, dies aged 96 9 de xaneiro, Manuel Elkin Patarroyo, 78 anos, patólogo colombiano. 16 de xaneiro, David Lynch, 78 anos, director de cine estadounidense. 17 de xaneiro, Denis Law, 84 anos, futbolista escocés. 30 de xaneiro, Marianne Faithfull, 78 anos, cantante, compositora e actriz inglesa.Singer Marianne Faithfull dies at 78

Febreiro 1 de febreiro, Horst Köhler, 81 anos, economista e político alemán, presidente de Alemaña (2004-2010). 3 de febreiro, Helga de Alvear, 88 anos, galerista e coleccionista de arte. 4 de febreiro, Maria Teresa Horta, 87 anos, escritora e xornalista portuguesa. 8 de febreiro, Sam Nujoma, 95 anos, político namibio. 18 de febreiro, Gene Hackman, 95 anos, actor e escritor estadounidense. 24 de febreiro, Roberta Flack, 88 anos, cantante de soul e quiet storm estadounidense. 27 de febreiro, Boris Spassky, 88 anos, xadrecista ruso.

Marzo 13 de marzo, Sofiia Gubaidulina, 95 anos, compositora rusa.

29 de marzo, Richard Chamberlain, 90 anos, actor e cantante estadounidense.

Abril 1 de abril: Val Kilmer, 65 anos, actor estadounidense. 10 de abril: Leo Beenhakker, 82 anos, adestrador de fútbol neerlandés. 13 de abril: Mario Vargas Llosa, 89 anos, escritor e político peruano, premio Nobel de Literatura en 2010. 21 de abril: Francisco, 88 anos, papa desde 2013.Pope Francis' death certificate released

Maio 13 de maio: Pepe Mujica, 89 anos, político uruguaio. Presidente do Uruguai de 2010 a 2015. 23 de maio: Sebastião Salgado, 81 anos, fotógrafo brasileiro. 24 de maio: Marcel Ophüls, 97 anos, director de cinema franco-alemán. 28 de maio: Ngũgĩ wa Thiong'o, 86 anos, escritor kenyano.

Xuño 4 de xuño: Marc Garneau, 76 anos, astronauta e ministro canadense. 9 de xuño: Frederick Forsyth, 86 anos, escritor británico.‘Day of the Jackal’ author Frederick Forsyth dies at 86 9 de xuño: Sly Stone, 82 anos, músico estadounidense.Sly Stone, Funk-Rock Pioneer Who Led the Family Stone, Dies at 82 11 de xuño: Brian Wilson, 82 anos, músico e produtor musical estadounidense.Brian Wilson, Beach Boys visionary leader and summer’s poet laureate, dies at 82 14 de xuño: Violeta Chamorro, 95 anos, política, xornalista e editora nicaraguana, presidenta de Nicaragua (1990-1997).

Xullo 19 de xullo, Felix Baumgartner, 56 anos, paracaidista e saltador BASE austríaco.Skydiver Felix Baumgartner, known for record-breaking jump from stratosphere, dies in paragliding crash 22 de xullo, Ozzy Osbourne, 76 anos, músico británico.Ozzy Osbourne, Black Sabbath Singer and Heavy Metal Pioneer, Dead at 76

Agosto 8 de agosto, Jim Lovell, 97 anos, astronauta estadounidense. 24 de agosto, Verónica Echegui, 42 anos, actriz española. 25 de agosto, Rainer Weiss, 92 anos, físico estadounidese, premio Nobel en 2017.

27 de agosto, Eusebio Poncela, 79 anos, actor, produtor e guionista español.

Setembro 4 de setembro, Giorgio Armani, 91 anos, deseñador italiano. 16 de setembro, Robert Redford, 89 anos, actor e director de cinema estadounidense.Robert Redford, Golden Boy of Hollywood, Dies at 89 18 de setembro, George Smoot, 80 anos, astrofísico estadounidense, premio Nobel de física en 2006. 23 de setembro, Claudia Cardinale, 87 anos, actriz italiana.Italian screen queen Claudia Cardinale dies aged 87

Outubro 1 de outubro, Jane Goodall, 91 anos, zoóloga británica. 11 de outubro, Diane Keaton, 79 anos, actriz estadounidense.Diane Keaton, Famed for Roles in Father of the Bride, First Wives Club and More, Dies at 79

Novembro

24 de novembro, Jimmy Cliff, 81 anos, músico e cantante xamaicano. Decembro 5 de decembro, Frank Gehry, 96 anos, arquitecto canadense. 9 de decembro, Jorge Martínez, 70 anos, músico asturiano. 10 de decembro, Roberto Iniesta, 63 anos, compositor e cantante español.

Personalidades galegas Xaneiro 8 de xaneiro, Eladio Osorio, 82 anos, político, alcalde do Castro de Caldelas (1987-1996, 1999-2014). 13 de xaneiro, Álvaro Rodríguez Eiras, 92 anos, político e empresario. 16 de xaneiro, Xesús Pérez Varela, 75 anos, político e xornalista. 18 de xaneiro, Bernardino Graña, 92 anos, escritor. 22 de xaneiro, Xosé Manuel Piñeiro, 68 anos, presentador de televisión. 26 de xaneiro, César Lombera, 71 anos, actor, director de escena e escultor.

Febreiro 2 de febreiro, Benito Vázquez Vázquez, garda civil e político, alcalde de Lobios (1995-2007). 6 de febreiro, Damián Barreiro Maceiras, 40 anos, xornalista e escritor. 9 de febreiro, Xosé Vizoso, 75 anos, artista gráfico. 26 de febreiro, José Recuna, 98 anos, político, alcalde de Vilagarcía de Arousa (1979-1983).

Marzo 1 de marzo, Paula Alvarellos, 62 anos, avogada e política, alcaldesa de Lugo (2024-2025). 9 de marzo, José Fernández Canosa, 89 anos, gaiteiro. 25 de marzo, Xoán Bernárdez Vilar, 88 anos, escritor, historiador e ensaísta.

Abril 26 de abril, Rogelio Rivas, 80 anos, atleta.

Maio 2 de maio, Pedro Arias Veira, 75 anos, economista e político. 10 de maio, Xoán Eiriz, 68 anos, cantante. 19 de maio, Manuel Torreiglesias, 84 anos, xornalista e escritor.

23 de maio, Piti Sanz, 58 anos, compositor. 25 de maio, Emilio Cao, 72 anos, músico e compositor.

Xuño 10 de xuño, Jorge Val Díaz, 68 anos, traballador metalúrxico, alcalde de Alfoz (2015-2023). 11 de xuño, Manuel Lamazares, 96 anos, alcalde de Rodeiro (1966-1998).

Xullo 8 de xullo, Suso Díaz Díaz, 80 anos, sindicalista. 8 de xullo, Enrique Nicanor, 80 anos, produtor, director, escritor e debuxante. 22 de xullo, Julio Sacristán, 71 anos, alcalde de Culleredo (1983-2017). 30 de xullo, Xosé Lois Rúa, 74 anos, xornalista e escritor. Agosto 10 de agosto, Manuel Lourenzo, 82 anos, actor, dramaturgo e director de teatro. 13 de agosto, Carlos Álvarez Taboada, 45 anos, ilustrador e escritor. Setembro

17 de setembro, José María Castellano, 78 anos, empresario. Outubro 17 de outubro, Jesús Ares Vázquez, 92 anos, político, alcalde de Melide (1982-2007). 21 de outubro, Juan Piñeiro Permuy, 89 anos, profesor e político, conselleiro de educación.

Novembro 18 de novembro, Julio Fernández Rodríguez, 78 anos, produtor cinematográfico.

Decembro

24 de decembro, José María Pérez Álvarez, 73 anos, escritor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Finados en 2024 Finados en 2026