A Pléiade Tráxica ou Pléiade alexandrina foi un grupo de sete autores do período helenístico que, na época de Ptolomeo II Filadelfo, cultivaron o xénero da traxedia en Alexandría.
Existen varias listas contraditorias sobre estes sete autores, os grandes poetas da época alexandrina, xeralmente atribuídas a Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia. Suídas tamén dá unha lista.
Algúns nomes coinciden en todas as listas: Homero de Bizancio. Filisco de Corcira. Licofrón. Alexandre o etolo. Sositeo. Eántides. Algúns outros nomes son variábeis nas listas: Teócrito de Siracusa. Dionisiades de Tarso. Nicandro de Claros. Apolonio de Rodas. Sosifanes Notas
Categoría:Literatura da Grecia antiga Categoría:Dramaturgos Categoría:Teatro da Grecia antiga