Vaggeryd é un concello sueco no condado de Jönköping. O municipio afirma ter dúas capitais, Skillingaryd e Vaggeryd. Porén, a oficina de xestión municipal ten a súa sede en Skillingaryd.

O concello forestal de Vaggeryd está situado na meseta meridional de Suecia. A súa superficie está cuberta principalmente de bosques de coníferas, pero tamén hai moitas turbeiras, sobre todo cara ao sur. O extremo suroeste do concello forma parte do parque nacional de Store Mosse.

O municipio ten unha longa tradición industrial. Alí xurdiu unha importante industria de fabricación de mobles e vehículos a finais do século XIX e a principios da década de 2020 a fabricación de mobles continuaba tendo grande importancia.

Dende a fundación do concello en 1971 a súa poboación medrou. En decembro do ano 2024 Vaggeryd tiña 14 825 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jönköping