Eduardo Iglesias Sánchez, coñecido como Edu Iglesias, nado en Monforte de Lemos o 26 de maio de 1979, é un piloto galego de motociclismo. Disputou en seis ocasións o Rally Dakar.
Traxectoria Comezou no mundo do motociclismo dende novo e con 19 anos participou no Campionato Galego de enduro. Tras unha viaxe a Marrocos na que probou a rodar en area, interesouse por esta modalidade e en 2019 participou por primeira vez no Rally Dakar, conseguindo rematar a proba. Repetiu participación nas seguintes cinco edicións, completando tres delas e abandonando en dúas (na edición de 2022 abandonou tras romper as dúas clavículas nunha caída, mentres que en 2025 retirouse por avaría).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do piloto no sitio web oficial do Rally Dakar .
Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1979 Categoría:Pilotos de motocrós de Galicia