Vetlanda é un concello sueco no condado de Jönköping. A súa capital eé a localidade de Vetlanda.
O concello atópase na meseta meridional de Suecia e está formado por unha paisaxe accidentada con bosque e áreas con paisaxes agrícolas variadas. Vetlanda é un municipio claramente industrial onde as industrias da madeira, o aluminio e o papel dominaron a actividade económica local durante moito tempo.
Dende a fundación do concello en 1971 Vetlanda tivo unha poboación relativamente estable e en decembro de 2024 contaba con 27 528 habitantes.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jönköping