Sabela Landín Estévez, nada en Lavadores (Vigo) en 1970, é unha informática e activista galega. Preside a Asociación de Afectadas do Essure na Galiza.
Traxectoria
Estudou Informática e traballou como programadora e técnica especialista até o ano 2006, e logo como responsable de diferentes sectores no ámbito educativo, orientados a colectivos vulnerables.
Xunto a Eva Losada Rodríguez fundou a Asociación de Afectadas do Essure de Galicia, en outubro do 2018.
Foi concelleira no Porriño.
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Activismo social Categoría:Concelleiros do Porriño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes