A batalla de Cēsis (letón: Cēsu kaujas; estoniano: Võnnu lahing, batalla de Võnnu; alemán: Schlacht von Wenden, batalla de Wenden), librada preto de Cēsis (Wenden en alemán) en xuño de 1919, foi unha batalla decisiva nas guerras de independencia de Estonia e Letonia. Tras intensos combates, unha forza estoniana que avanzaba desde o norte, complementada por unidades letoas, repeleu os ataques alemáns do Báltico e lanzou un contraataque total.
Antecedentes Letonia declarara a independencia en 1918, pero foi incapaz de deter o avance do Exército Vermello, , o que provocou a perda de Riga. O avance dos Fisileiros Letóns foi detido polo VI Corpo de Reserva alemán. O Corpo de Reserva, baixo o mando do xeneral Rüdiger von der Goltz, estaba composto pola Baltische Landeswehr, a División de Ferro dos Freikorps e a División de Reserva da Garda. Os voluntarios letóns leais ao Goberno Provisional tamén foron postos baixo o mando da Baltische Landeswehr. O 16 de abril de 1919, o goberno letón de Kārlis Ulmanis foi derrocado polos alemáns, que instalaron un Goberno Provisional Alemán monicreque de Letonia encabezado por Andrievs Niedra. Porén, a Brigada Letoa liderada por Jānis Balodis permaneceu pasivamente baixo o mando alemán.
Despois de recuperar Riga do Exército Vermello, o VI Corpo de Reserva continuou o seu avance cara ao norte. Ao mesmo tempo, a 3ª División Estoniana, despois de expulsar os soviéticos do sur de Estonia, avanzou cara a Letonia dende o norte. Estonia seguía recoñecendo o goberno de Ulmanis e ningún dos bandos estaba disposto a ceder. O 5 de xuño comezaron os combates, e a Landeswehr capturou Cēsis ao día seguinte.Traksmaa, August. Lühike vabadussõja ajalugu, pp 150-151. Olion, 1992 O 10 de xuño, coa mediación dos Aliados, declarouse un alto o fogo, pero as conversas fracasaron e o 19 de xuño retomáronse os combates.
Batalla O 19 de xuño os combates retomáronse cun ataque da División de Ferro ás posicións estonianas preto de Limbaži. Naquel momento, a 3ª División Estoniana, incluíndo o 2.º Rexemento Cēsis letón baixo o mando do coronel Krišjānis Berķis, contaba con 5 990 soldados de infantería e 125 de cabalaría. As forzas proalemás tiñan entre 5 500 e 6 300 soldados de infantería, entre 500 e 600 de cabalaría e unha forte vantaxe en canóns, metralladoras e morteiros. As forzas alemás conseguiron algúns éxitos ao redor de Limbaži, pero foron axiña rexeitadas. O principal ataque da Landeswehr comezou o 21 de xuño, rompendo as posicións do 2º Rexemento Cēsis letón no río Rauna. A situación volveuse crítica para a 3ª División Estoniana, pero o asalto alemán foi detido por tres trens blindados estonianos e o Batallón Partisano de Kuperjanov.Traksmaa, August. Lühike vabadussõja ajalugu, p 157. Olion, 1992
A Landeswehr continuou atacando en varias partes da fronte e máis forzas estonianas uníronse á batalla.Traksmaa, August. Lühike vabadussõja ajalugu, p 158. Olion, 1992 Despois de deter os últimos ataques alemáns, as forzas estonianas iniciaron un contraataque completo o 23 de xuño que resultou na reconquista de Cēsis.Kaevats, Ülo: Eesti Entsüklopeedia 10, p 519. Eesti Entsüklopeediakirjastus, 1998 As unidades alemás iniciaron entón unha retirada xeral cara a Riga.
Consecuencias A batalla de Cēsis foi unha decisiva vitoria de Estonia contra as forzas pro-alemás. A 3ª División Estoniana continuou o seu avance cara Riga, chegando o 3 de xullo aos arredores da cidade. Estonia, Letonia e o Goberno Provisional pro-alemán de Letonia asinaron o cesamento do fogo de Strazdumuiža por esixencia da Entente. O armisticio restaurou o goberno de Ulmanis en Riga. As forzas alemás recibiron a orde de abandonar Letonia, e a Landeswehr alemá-báltica foi posta baixo o mando do goberno letón e enviada a loitar contra o Exército Vermello. Porén, para burlar as ordes da Entente, moitos soldados alemáns, en lugar de marchar, foron incorporados ao Exército Voluntario de Rusia Occidental. Os combates en Letonia e Lituania reanudaronse en outubro e continuaron ata decembro de 1919.
Estonia celebra o aniversario da batalla como o Día da Vitoria (Võidupüha), un festivo nacional que cae o 23 de xuño. Os eventos anuais de conmemoración da batalla celébranse o 22 de xuño (Día da Vitoria de Letonia, en letón: Latvijas Uzvaras diena) no Monumento á Liberdade en Cēsis.
Notas
Categoría:Historia de Estonia Categoría:Historia de Letonia