Nicolás "Nico" Serrano Galdeano, nado en Pamplona o 5 de marzo de 2003, é un futbolista español que xoga como extremo no Sporting de Gijón, da Segunda División, cedido polo Athletic de Bilbao.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Txantrea, Osasuna, Villarreal e Athletic de Bilbao. En maio de 2020, tras rematar a súa etapa como xuvenil, foi ascendido ao Bilbao Athletic.

En xuño de 2021 foi chamado polo adestrador Marcelino para facer a pretempada co equipo principal. O 11 de setembro dese ano debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Iñaki Williams nunha vitoria por 2-0 contra o Mallorca. Nas seguintes tempadas saíu cedido sucesivamente ao Mirandés, o PEC Zwolle, o Racing de Ferrol e o Sporting de Gijón.

Notas

Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 2003 Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do CD Baskonia