Padiante é unha canción escrita en galego e interpretada por Sen Senra. Foi publicada o 9 de maio de 2025 baixo os selos de Universal Music e Sonido Muchacho SL, malia que anteriormente se popularizaron varios fragmentos da mesma en redes sociais como TikTok, e a cantara en varios concertos. Segundo o propio artista, Padiante trata sobre a emigración e a saudade que se sente ao vivir fóra de Galicia. Interpretouna por vez primeira no programa Luar da TVG, que o propio artista confesa que miraba desde a diáspora. É o primeiro tema do artista cantado integramente en galego.

Letra A letra de Padiante versa eminentemente sobre a inmigración, tanto a súa propia, referíndose á partide de Galicia para seguir a súa carreira musical, así como de moitos galegos que emigraron durante o século XX a diferentes países de Europa e América.

A canción contén versos explícitos sobre a diáspora galega, a súa dureza e o seu enorme impacto sobre a poboación galega: "un camiño longo e bravo"/"así como fixeron outros antes de min".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diáspora galega Ligazóns externas Padiante Letra da canción en Genius.

Categoría:Música en 2025 Categoría:Cancións en lingua galega