Francisco María de la Iglesia GonzálezTamén empregou o nome de Farruco d'a Igrexa González, concretamente na publicación de A fonte do xuramento, aínda que na portada desa mesma obra figuraba como Francisco Mª de la Iglesia y González., nado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1827 e finado na Coruña o 5 de abril de 1897, foi un rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo. Influenciado pola obra de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas.Enciclopedia Galega Universal. Pódeselle considerar -xunto a Xoán Manuel Pintos- o poeta en galego coa obra de maior amplitude, riqueza e variedade entre os anteriores a Rosalía. A súa obra teatral, A fonte do xuramento, ben se pode poñer en relación con esa produción poética, posto que foi tamén o verso o medio de expresión do que se serviu o autor."Francisco María de la Iglesia e o rexurdimento do teatro galego" Real Academia Galega.
Traxectoria
Francisco María de la Iglesia cursou na súa cidade natal os estudos de Maxisterio, trasladándose á Coruña para exercer de mestre municipal. Nesa cidade entrará en contacto con Emilia Pardo-Bazán e rexionalistas como Uxío Carré Aldao ou os irmáns Gil-Taboada, cos que colaborará en diversos proxectos.
Obra Na Coruña exercerá o seu labor editorial e literario. En 1856 fundou e dirixiu El Diario de Galicia, colaborou en El Defensor de Galicia e El Fomento de Galicia. Dende 1868 dirixiu o Diario de La Coruña e en 1863 a revista Galicia. Revista Universal de este Reino, que publicaría ata 1865 xunto co seu irmán Antonio, coa colaboración frecuente dun terceiro irmán, Benigno, tamén poeta. Tamén colaborou en El Anunciador.
Publicou varios poemas no Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, editado polo seu irmán Antonio e que pasou a formar parte do Álbum de la Caridad (1862), publicado tras celebrarse os Xogos florais da Coruña en 1861.
Como escritor dramático é o pai do teatro galego non popular, ao estrear con ruidento aprauso a súa peza A fonte do xuramento o 13 de agosto de 1882 no Liceo Brigantino da Coruña, e con millor trunfo no Teatro Principal o 22 de outubro. De feito, foi Francisco María de la Iglesia o primeiro autor que viu a necesidade de crear un teatro galego. Tanto era así que os seus correlixionarios (que non vían tal necesidade) rebautizárono co alcume de "Capitán Araña" (parafuseiro, enguedellante, embrullador,...), acusándoo de querer falar no gabinete como se fai na aldea.
Obra en lingua galega
Poesía Cantigas de Espera de SS. MM. e AA. no Porto da Cruña (1858). A Súa Maxestade, a Reina Nosa Siñora Sabela II, que Dios a Garde, para Ben dos Orfiños da Arquiña (1858). O Vello do Pico-Sagro (1860).Números 1 a 5 da hemeroteca da RAG, dixitalizados no sitio web de Galiciana. sinala como autor ao irmán: Antonio de la Iglesia. ¡Foge Miña Rula Foge! (1862). ¡Viva Galicia! (1887). O meu Amigo e Boo Ptricio Gallego Excmo. D. Vicente Calderón, Conde San Joan (1887). D'o mar e d'a terra, Editorial Mercedaria (publicado postumamente en 1930 por Gumersindo Placer), 120 páxinas.Do mar e da terra na Biblioteca Virtual Galega.
Teatro A fonte do xuramento (1882), en verso, 57 páxinas.Despois incluído na Biblioteca 114 da Editorial Compostela-El Correo Gallego, co número 24. Os ártabros. Escena orfeónica, en verso, 8 páxinas (1889).Musicada por Pascual Veiga, foi editada por primeira vez na Habana en 1885 en A Gaita Gallega, ano I, Tocata 5ª, 8/11/1885, pp. 6-7. Gallegos. ¡A Nosa Terra! (1897). O Último Brides. Zarzuela nun Acto (inédita).
Obra en lingua castelá Poesía miniatura|Tumba de Francisco de la Iglesia no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. A la Juventud Española. Canción Guerrera (sen datar). Canción Epigramática para el Entierro de la Sardina, Dedicada al Recreo Artístico e Instructivo de Artesanos de La Coruña (1858). A los Niños del Hospicio Provincial, con motivo de la Venida de SS. MM. y AA. (1858). A S.M. la Reina Dª Isabel II al Pisar el Suelo de la I. y M.L.C. de La Coruña (1858). Al Ilustre Pueblo Coruñés (1860). Brille la Ciencia (1873). Loor y Gratitud a los Protectores de la Popular Instrucción (1873). Himno, en la Inauguración de la Exposición Local de La Coruña, Al Trabajo (1878) Himno al Apóstol Santiago (1885).
Ensaio Máximas Morales y Religiosas.
Vida persoal Foi pai de Santiago, médico, Álvaro e Alfredo de la Iglesia, escritores.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Círculo de Artesáns Ligazóns externas
na Biblioteca Virtual Galega. Historia da Literatura Galega da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). na hemeroteca virtual da RAG.
Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Precursores do Rexurdimento Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Dramaturgos do século XIX Categoría:Profesores de Galicia