Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.
A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal. A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos. Consonte con datos do (INE 2005), a provincia ten 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.
División administrativa A provincia está dividida en 362 municipios, dos que máis da metade teñen unha poboación inferior a trescentos habitantes (é a segunda provincia española a respecto do número de municipios, por detrás de Burgos). Os municipios máis poboados da provincia son, á parte da capital, Béjar, Ciudad Rodrigo, Santa Marta de Tormes, Peñaranda de Bracamonte, Guijuelo, Alba de Tormes e mais Vitigudino. Está organizada en cinco partidos xudiciais: Béjar, Ciudad Rodrigo, Peñaranda, Salamanca e Vitigudino, cos escudos dos cales se compón o escudo provincial.
Xeografía física A altitude media da provincia é de 830 m sobre o nivel do mar.
Demografía
Clima O clima é de tipo continental, con invernos fríos e secos e veráns calorosos. A temperatura media é de 3'7 °C en xaneiro (podendo baixar, en días de fortes nevadas, a varios graos baixo cero). En verán a temperatura media é de 24'2 °C, aínda que pode atinxir ata os 35° ou 40 °C.
Comarcas O Campo Charro. A Comarca de Ciudad Rodrigo. A Comarca de Guijuelo. A Comarca de Vitigudino. A Comarca de La Armuña. A Comarca de Las Villas. A Comarca da Serra de Béjar. A Comarca da Serra de Francia. A Tierra de Alba. A Tierra de Ledesma. A Tierra de Peñaranda.
Gastronomía Da súa gastronomía, cabe destacar, entre outros, o pernil de Guijuelo, con Denominación de Origen Protegida, e máis unha empanada típica denominada hornazo. Menos coñecidos, fóra da rexión, son o lechazo, cochinillo ou tostón asado, o farinato (procedente de Ciudad Rodrigo), o bollo maimón e mais os chochos de yema. En Salamanca é típica a sopa de allo.
Salamanca Categoría:Provincias de Castela e León