The Mighty Ducks (tamén coñecido como D1: The Mighty Ducks e Champions no Reino Unido e Australia) é un filme estadounidense dirixido por Stephen Herek e escrito por Steven Brill. É o primeiro filme da franquía The Mighty Ducks. Está protagonizado por Emilio Estevez, Joss Ackland e Lane Smith. Conta a historia dun equipo de hóckey da liga xuvenil. Nalgúns países, as copias para de consumo doméstico producíronse co título de The Mighty Ducks Are the Champions para evitar confusión co título da secuela.

The Mighty Ducks estreouse nos Estados Unidos o 2 de outubro de 1992 por Buena Vista Pictures Distribution. Recibiu valoracións xeralmente negativas por parte da crítica.

O ano seguinte á estrea da película, The Walt Disney Company fundou un equipo de hóckey da NHL, chamado Mighty Ducks of Anaheim.

Personaxes

Emilio Estevez como Gordon Bombay Brock Pierce como Gordon Bombay con 10 anos Joss Ackland como Hans Lane Smith como adestrador Jack Reilly Heidi Kling como Casey Conway Josef Sommer como Mr. Gerald Ducksworth Joshua Jackson como Charlie Conway, #96 Elden Ratliff como Fulton Reed, #44 Shaun Weiss como Greg Goldberg, #33 Brandon Adams como Jesse Hall, #9 M. C. Gainey como Lewis Matt Doherty como Lester Averman, #4 J. D. Daniels como Peter Mark, #24 Aaron Schwartz como Dave Karp, #11 Garette Ratliff Henson como Guy Germaine, #00 Marguerite Moreau como Connie Moreau, #18 Jane Plank como Tammy Duncan, #5 Jussie Smollett como Terry Hall, #1 Vincent A. LaRusso como Adam Banks, #9 (Hawks), #99 Danny Tamberelli como Tommy Duncan, #2 Michael Ooms como McGill, #7 Casey Garven como Larson, #33 George Coe como xuíz Weathers

Notas

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Herek Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados en Minnesota