Bárbara Muelas Hurtado, nada en Eskɵwampik, no concello de Silvia é unha académica, lingüista e profesora misak, e a primeira muller indíxena en entrar como académica de número na Academia Colombiana da Lingua.
En 1992, foi encargada, xunto con representantes doutros sete pobos indíxenas de Colombia, para traducir os apartes da Constitución de Colombia ao guambiano. Tamén é a autora do poema que é o himno da súa comunidade e foi xestora do dicionario inédito castelán-guambiano.
Traxectoria Estudou lingüística na Universidade de Valle, sendo unha das primeiras mulleres da súa comunidade en ter formación superior.
É recoñecida pola súa comunidade como gardiá da lingua e do territorio Øskøwampik.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mary Grueso
Categoría:Nados en Silvia Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Membros da Academia Colombiana da Lingua