Bernarda Pereira Solla, nada en Campolongo (Pontevedra) o 4 de maio de 1893 e finada en Vigo o 19 de marzo de 1987, foi unha mestra galega.
Traxectoria Filla de Joaquín Pereira. Estudou maxisterio na Normal de Pontevedra, rematando a carreira en 1914.El Progreso, 20-2-1914, p. 1 Foi mestra da Roca (Ponte Caldelas) dende 1916. En 1924 pasou a Santa Comba de Bértola (Vilaboa).El Diario de Pontevedra, 5-7-1924, p. 2. Dende 1933 foi mestra na Escola número 2 de Sanxenxo.El Progreso, 6-4-1933, p. 3. Organizou co mestre Alfonso Rodrigo Méndez a festa escolar do 14 de xullo de 1935.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p 10. Como consecuencia do proceso de depuración, foi separada do servizo e baixa na escala en maio de 1940.El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2. Bernarda regresou coa súa filla ao fogar familiar en Salcedo onde vivían as súas irmás Josefa e Carmen e o seu irmán Joaquín. Traballou dando pasantías en Salcedo e despois nun piso alugado na Praza da Ferraría de Pontevedra que transformou coa súa irmá Carmen en residencia de estudantes. Cando a súa filla de Bernarda se incorporou á vida laboral, trasladouse con ela a Vigo e despois a Venezuela. En 1967 retornaron a Vigo, onde se instalaron.
Vida persoal Casou con Alfonso Dámaso Rodrigo Méndez en 1923,El Diario de Pontevedra, 2-6-1923, p. 2. e foi nai de Bernarda Rodrigo Pereira.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bernarda Pereira Solla. Do gris ao violeta
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1987