Frores e Silveiras foi un coro galego que existiu na cidade de Lugo no século XX.

Traxectoria No ano 1925 estaba constituído por 9 mulleres e 26 homes. As súas actuacións tamén se realizaban en lugares de fóra de Galiza como en Langreu. Algunhas das obras que representaban eran: Sol da primaveira, Final de la cantata, Quer que lle quer ou o Himno galego. No 1948 fusionouse co coro Cantigas e Aturuxos para crear Cántigas e Frores.

Notas

Categoría:Lugo Categoría:Corais polifónicas de Galicia