Loreak Mendian é unha marca de moda creada o ano 1995 en Donostia por Xabi Zirikiain e Victor Serna influenciados polo surf e a escena musical local. Despois de deseñar o logotipo característico da margarida, venden os seus produtos a todo o mundo a través tanto de tendas multimarca coma de tendas propias.

No ano 2019 a marca foi adquirida pola empresa especializada en roupa de montaña Ternua Group.

Notas

Categoría:Empresas do País Vasco Categoría:Empresas téxtiles