Aurentino Alonso Araújo, nado en Cartelle en 1963, é un profesor e político galego. Traxectoria

Profesor de debuxo no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, do que foi director en 1990,La Voz de Galicia, Ourense, 31-8-1990, p. 35. ata a súa xubilación en 2024. Foi director de Feciga 84, a primeira feira galega da construción celebrada na Coruña en 1984.La Voz de Galicia, 10-4-1984, p. 37. Foi elixido secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia do Barco en 2004. Concelleiro no Barco de Valdeorras polo PSdeG-PSOE dende 2009, foi deputado provincial dende 2019 ata a súa dimisión en xullo de 2025. En setembro de 2025 foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais no Barco de Valdeorras

Ligazóns externas

«O Barco cambiou gracias ó PSOE» Entrevista en La Voz de Galicia, 14-9-2004.

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alcaldes do Barco de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Nados en 1963