Víctor Mora Escobar, nado en Sanlúcar de Barrameda en 1977 é un político español do Partido Socialista Obreiro Español e alcalde do concello andaluz de Sanlúcar de Barrameda de 2013 a 2023.
É licenciado en Historia pola Universidade de Sevilla. Incorporouse ao goberno municipal de Sanlúcar de Barrameda en 2007, ocupando diversos cargos ata que, en 2013, converteuse en alcalde tras a dimisión de Irene García. Ocupou ese cargo ata 2023, sendo sucedido por Carmen Álvarez Marín.
Entre 2022 e 2023, foi deputado provincial por Cádiz durante o mandato de Juan Carlos Ruiz Boix como presidente da Deputación Provincial.
Está casado e ten tres fillos. O seu pai, Ángel Mora, tamén foi concelleiro do Concello de Sanlúcar de Barrameda polo PSOE.
Notas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Sanlúcar de Barrameda Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Alcaldes de Andalucía Categoría:Deputados provinciais