Sixta Pérez García, nada en Cantón Carrizal, no departamento de Sonsonate, é unha muller pipil, tecelá e mestra de lingua pipil, a derradeira lingua indíxena do Salvador que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción.
No Salvador, o pipil é a única lingua indíxena viva e conta cun número limitado de falantes (estímase que non exceden as 200 persoas).
Traxectoria É mestra no proxecto educativo "Timumachtikan Nawat" a través do seu programa escola, "Ne Ichan Safoura", onde ensina lingua pipil xunto co mestre Héctor Josué Martínez Flores. O 3 de maio de 2024 presentou xunto con Héctor Martínez a obra Yultajtaketzalis, o primeiro dicionario en lingua pipil creado por unha falante nativa da lingua.
miniatura|250px|Portada do dicionario pipil Yultajtaketzalis. O libro comezou a traballarse dende o 22 de xaneiro de 2023, co gallo do masacre indíxena do Salvador, e un dos factores da desaparición e prohibición da lingua.
Obra Yultajtaketzalis (maio de 2024)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Antonia Ramírez
Categoría:Nados no Salvador Categoría:Pobo pipil Categoría:Profesores do Salvador