O papavermes azul siberiano (Larvivora cyane) é un pequeno paseriforme que inicialmene fora clasificado como pertencente á familia Turdidae, mais que agora adoita considerarse membro da familia Muscicapidae. Antes estaba clasificado como Luscinia cyane. Investigacións recentes indican que esta especie e algúns outros parentes asiáticos deberían clasificarse nun novo xénero, Larvivora, xunto con Larvivora akahige e Larvivora komadori. O nome do xénero Larvivora procede do neolatín larva, 'eiruga' e -vorus, 'devorar', e do latín cyane, 'azul escuro'.

É unha ave migratoria insectívora que se reproduce no Paleártico oriental desde Siberia ao norte de Mongolia, noroeste da China, Corea e Xapón. Inverna no sur e sueste asiático e Indonesia.

O seu hábitat reprodutor son bosques de coníferas con denso sotobosque, xeralmente a carón de ríos ou nos bordos dos bosques. Aliméntase no chan pero deambula moito. En inverno, esta ave tamén tende a permanecer entre a vexetación densa.

É unha especie meirande que o paporrubio. O macho reprodutor é inconundible coas súas partes dorsais azuis e ventrais brancas. A femia é moito máis apagada, con partes dorsais marróns e ventrais abrancazadas. O seu ollo escuro destaca contra o fondo marrón máis claro da cara.

Esta especie é unha ave errante moi rara en Europa, e pode aparecer como vagante ata Paquistán.

O papavermes azul siberiano foi antes situado no xénero Luscinia. Un gran estudo de filoxenia molecular publicado en 2010 atopou que Luscinia non era monofilético. O xénero foi entón dividido, e varias especies, incluído o papavermes azul siberiano, foron trasladadas ao xénero Larvivora.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Muscicápidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1776 Categoría:Taxons descritos por Peter Simon Pallas