A mazá dourada (en ) é un filme español-portugués de 2023 dirixido por Jaime Chávarri e inspirada na novela Ávidas pretensiones de Fernando Aramburu. Rodouse integramente en Ourense.
Estreouse en galego o 24 de xullo de 2025 a través da TVG.
Sinopse A chegada dun convidado inesperado desestabiliza as Xornadas Poéticas que cada ano reúnen nun illado convento do noroeste peninsular a distintas tendencias da poesía española. Durante unha fin de semana acelerada, mentres os poetas escriben, recitan e se vixían, perseguindo un premio dourado, sucederanse unha sospeita de plaxio, a batalla pola presenza nunha futura antoloxía, a irreverencia dun rapeiro, os aniversarios dun poeta centenario, uns cogomelos velenosos, os imprevistos cruzamentos sexuais e o espertar de amores tardíos, que culminarán nunha noite treboenta despois do triunfo insospeitado dunha nova estrela da poesía contemporánea.
Personaxes
Adrián Lastra como Eugenio Alpuente Marta Nieto como La Nívea Sergi López como Juanjo Changa Roberto Enríquez as Mateo Vicky Peña como Manolita Ginés García Millán como Carlos Luis Paca Gabaldón como Amelia Joaquín Climent como Carmelo Elena Seijo como Sagrario Carla Campra como Vanessa Isabel Garrido como Susana Loreto Fajardo como Conchita Álvaro Subiés como Dámaso Pilar Bautista como Poetisa Rodrigo Soares como Gonçalito Celso Bugallo como Don Guillermo Kenia Mestre como Leda Abelo Valis como Álex Mela Casal como Federica
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes dirixidos por Jaime Chávarri Categoría:Filmes rodados en Ourense Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego