miniatura|250px|Escudo da casa de Castro. André Fernández de Castro, nado no Reino de Galicia a comezos do século XIII e finado en abril de 1265, foi un nobre galego, señor de Lemos e Sarria, pertigueiro maior de Santiago e adiantado maior do Reino de Galicia.

Traxectoria Era fillo de Fernán Gutiérrez de Castro e da súa primeira esposa Milia Íñiguez de Mendoza, quen á súa vez era filla do magnate castelán Íñigo López de Mendoza. Participou na reconquista de Sevilla (1247-1248) como «cabaleiro de mesnada», segundo figura no repartimento posterior polo cal recibiu, no termo de Aznalfarache, «cien arançadas e veinte yugadas en Ruxuxena Harat Aljena, a que puso el Rey nombre Campesina».

O seu nome e persoa, en calidade de fiador, aparece nunha carta real de xaneiro de 1253, pola cal Afonso X o Sabio revogou a Munio Ferrández de Rodero o cargo de meiriño maior «que tovo del rey don Ferrando».

André foi señor de Lemos e Sarria, pertigueiro maior da Terra de Santiago entre 1250 e 1255 e logo, por nomeamento de Afonso X, adiantado maior de Galicia, cargo que ocupa en decembro do ano 1260. Ademais, César Olivera Serrano considérao o responsable indirecto da fundación da vila de Monterrei.

A súa morte parece ter orixe na «sinraçón» de Rodrigo Alfonso, «fillo de ganancia do rei don Alonso de León», e debe datarse entre o mes de abril de 1265, data na cal aparece confirmando un decreto como «indeantado in Gallecia», e comezos de maio, cando no protocolo final doutro diploma se constata a frase «endeantado in Gallecia vacante domno Andrea Fernandi».

Matrimonio e descendencia Na bibliografía xenealógica actual pasou desapercibida esta cuestión. Porén, segundo o Livro de Linhagens (1340) do conde de Barcelos, André Fernández de Castro contraeu matrimonio con «Mécia Rodrigues Girâo, filha de [D.] Rui Gonçalves [Girâo]», o sea, Mencía Rodríguez Girón. Con ela tivo dúas fillas:

Milia André de Castro, que casou con Martín Gil de Riba de Vizela —fillo de Gil Martins de Riba de Vizela, nobre en tempos de Afonso III de Portugal e Dinís de Portugal, e tivo a Martín Gil, II conde de Barcelos, e María Anes de Riba de Vizela, casada con Pedro Ponce de León (quen foi señor de Cangas, Tinéu e de Puebla de Asturias, mordomo maior do rei Fernando IV de Castela, adiantado maior da fronteira de Andalucía e adiantado maior de Galicia. María André de Castro, que casou con Juan Fernández Cabellos de Oro, neto de Afonso IX de León, meiriño maior de Galicia durante o reinado de Afonso X e adiantado maior da fronteira de Andalucía e mordomo maior xa en tempos de Sancho IV. Non houbo descendencia desta unión.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pertegueiro maior de Santiago Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Finados en 1265 Categoría:Adiantados maiores do Reino de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XIII