Ignacio Francisco Caneda Deza, nado en Portonovo (Sanxenxo) en 1915 e finado en Aitzoain (Berriobeiti) o 1 de novembro de 1936, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Caneda Lores, do Grove, e Rosa Deza Cordo, de Portonovo, onde naceu Ignacio en 1915. Mariñeiro do Grove de ideas anarquistas. Foi xulgado en Pontevedra o 7 de febreiro de 1934 xunto con José Domínguez Martínez e Elisa Martínez Araújo por encubridores dun roubo cometido o 14 de xullo de 1933,El Pueblo Gallego, 8-2-1934, p. 11. e condenado a unha multa de 1.000 pesetas.El Pueblo Gallego, 9-2-1934, p. 12. Xulgado en Pontevedra polo Tribunal de Urxencia o 9 de xullo de 1934 xunto con José Domínguez Martínez por un delito de atentado cometido na cadea de Pontevedra o 3 de xuño de 1934, foi condenado a 4 anos, 7 meses e un día de prisión menor.El Pueblo Gallego, 11-7-1934, p. 11. Volveu ser xulgado en Pontevedra o 29 de agosto de 1935 xunto con José Domínguez Martínez por roubo e agresión en Pazos de Borbén o 4 de xullo de 1933, Ignacio foi condenado a 14 anos e 8 meses de reclusión.El Pueblo Gallego, 30-8-1935, p. 12. Cumpriu condena no Forte de San Cristovo onde ingresou o 28 de xuño de 1936. Foi asasinado onda outros presos en Aizoáin o 1 de novembro tras fuxir do Forte de San Cristovo. En agosto de 2025 os seus restos foron devoltos á familia.Los restos de un gallego represaliado en el 1936 tras un intento de fuga vuelven al calor de su familia

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Los presos del penal de Ezcaba. Ficha no Fondo Documental de la Memoria Histórica de Navarra

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1936

Categoría:Fusilados