A batalla da Ponte de Corniana tivo lugar no ano 842 entre as forzas de Nepociano, que fora escollido pola nobreza para suceder a Afonso II, e Ramiro I, un parente do falecido rei.
O resultado foi a derrota de Nepociano, o que permitiu ao vencedor sucedelo no trono como Ramiro I. A batalla ocorreu no río Narcea, nunha ponte en Corniana (Curniana en asturiano), en Salas.Nepociano, conde de palacio, fíxose lexitimamente co reino. Cando o príncipe Ramiro oíu o ocorrido, refuxiouse nas partes de Galicia e na cidade de Lugo reuniu un exército. Mais, despois dun breve espazo de tempo, partiu contra os ástures. Cando Nepociano oíu da súa vida, saíulle ao paso nunha ponte sobre o río que se chama Narcea co seu exército. Mais ao comezar o combate viuse abandonado de todos os seus e sen tardanza deuse á fuga.
Crónica Rotense
Notas
Categoría:Batallas do século IX Categoría:Batallas do Reino de Galicia Categoría:842