David González Ballesteros, nado en Burgos o 22 de xuño de 2002, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Burgos CF, da Segunda División.
Traxectoria
Formouse como futbolista nas canteiras do Burgos CF, o Numancia e o Real Madrid. O 24 de abril de 2021 debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, nun partido diante do Extremadura UD.
Para a tempada 2021/22 foi ascendido definitivamente ao Castilla, na nova Primeira División RFEF, e chegou a participar da pretempada do primeiro equipo do Real Madrid, ás ordes de Carlo Ancelotti. Con todo, apenas dispuxo de minutos no filial e para a tempada 2022/23 foi cedido ao Numancia. Axiña se fixo coa titularidade no equipo soriano, ata que unha grave lesión de xeonllo en novembro de 2022 acabou coa súa tempada.
En xullo de 2024 regresou ao seu primeiro club, o Burgos, co que asinou un contrato de tres anos. Debutou na Segunda División o 18 de agosto, substituíndo a Álex Sancris nunha vitoria por 3-1 na casa contra o FC Cartagena.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Burgos CF