Isabel Pisano, nada en Montevideo en 1944 e finada en Madrid (Majadahonda) o 25 de agosto de 2025, foi unha escritora, xornalista e actriz uruguaia.

Biografía Na súa carreira como actriz foi dirixida por cineastas arxentinos (Boquitas pintadas de Leopoldo Torre Nilsson, Pampa salvaje de Hugo Fregonese), españois (Bilbao de Bigas Lúa) e italianos (por exemplo, por Federico Fellini en Casanova).

Correspondente de guerra para a RAI (Italia) e El Mundo (España), cubriu os conflitos de Palestina, Líbano, Chad, Iraq, Bosnia e Somalia. Foi a única xornalista que estivo presente nos bombardeos de Mosul e Basora en Iraq en 1993. Tamén realizou numerosas reportaxes para Marie Claire, Oggi e Il Giornale.

Foi galardoada coa medalla do Ministerio de Cultura de España, e seleccionada "mellor xornalista do ano 2002" pola Asociación de Revistas de Información (A.R.I.).

Expoñente do xornalismo de investigación, co recompilado ao longo dos anos publicou numerosas obras. Como escritora destacan os seus libros Trilogía de perversos, finalista do premio "La sonrisa vertical" en 1995; A solas con Arafat (1997) e Yo puta - Hablan las prostitutas-, que se converteu nun auténtico superventçdas e que foi levada ao cine por Dolores Pictures. Este tres títulos son a base da gran popularidade de Isabel Pisano tamén como escritora. Publicou tamén a biografía do seu amigo Bigas Lúa, Sombras de Bigas, luces de Luna.

En 2005 participó en Gran Hermano VIP.

Casada co compositor e arranxador arxentino Waldo de los Ríos, de quen enviudvou tras o suicidio deste en 1977, moitos anos despois publicou esta parte da súa vida na autobiografía El amado fantasma (Plaza y Janés, 2002).

Posteriormente foi compañeira durante doce meses do xefe da OLP, Yasir Arafat, a quen lle dedicou unha biografía íntima e do que publicou polémicas declaracións relativas á súa morte.

Obras

Los diabólicos de Blois (1985). Altalena Editores, S. A. ISBN 84-7475-168-3. Trilogía de perversos (1995). Huerga & Fierro ISBN 84-7683-420-9. Yo puta - Hablan las prostitutas (2001). Plaza & Janés . ISBN 84-9759-297-2. El Amado Fantasma (2002). Plaza & Janés. ISBN 84-01-37790-0 (a súa vida xunto a Waldo de los Ríos) La Sospecha: El Complot Que Amenaza La Sociedad Actual (2003). Belacqva ISBN 84-95894-53-X. Yo terrorista (2004). Plaza & Janés. ISBN 84-01-37882-6. Yasir Arafat: La pasión de un líder,ç (2006). Ediciones B. ISBN 84-666-2510-0. El papiro de Sept (2009). Ediciones B. ISBN 978-84-666-4167-8.

Filmografía

1966: Pampa salvaje 1974: Boquitas pintadas 1974: Casanova, de Fellini 1978: Bilbao 1978: Trauma 1978: Violación fatal 1979: Una sombra en la oscuridad 1982: Corridas de alegría 2004: Yo, puta (guionista)

Notas

Categoría:Uruguaios de ascendencia italiana Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2025