miniatura|Ovo de Onychoprion anaethetus - MHNT. O carrán de dorso castaño (Onychoprion anaethetus)Ás veces o nome escríbese (incorrectamente?) S. anaestheta, por exemplo en: é unha ave mariña da familia Laridae que vive nos océanos tropicais. O seu nome científico vén do grego antigo, de onux, 'garra' ou 'uña', e prion, 'serra', e de anaethetus que significa 'parvo, estúpido'.
Descrición É un carrán de mediano tamaño, de 30–32 cm de lonxitude e con 77–81 cm de envergadira alar similar en tamaño ao carrán común, pero máis robusto. As ás e a cola moi forcada son longas e ten as partes superiores do corpo grises escuras e as inferiores brancas. A fronte e zona das cellas son brancas, xa que ten un vistoso colar na parte posterior do pescozo. Hai patas e bico negras. Os individuos novos son grises por arriba e claros por abaixo.
Esta especie é improbable que se confunda con ningún outro carrán agás o carrán escuro que tamén ten o dorso escuro e o Onychoprion lunatus do Pacífico tropical. Ten o dorso máis claro que o carrán escuro (pero non tan claro coma o O. lunatus) e ten unha fronte branca máis estreita e un colar no pescozo claro.
Distribución e movementos
É unha ave migratoria e dispersiva, que pasa o inverno espallada polos océanos tropicais. Ten hábitos marcadamente mariños comparados con moitos outros carráns. A subespecie atlántica melanopterus reprodúcese en México, o Caribe e África occidental; outras razas aparecen arredor da Península Arábiga e no sueste asiático e Australasia, pero o número exacto de subespecies válidas é moi discutido. É unha ave errante rara en Europa occidental. Estas son as catro subespecies na lista do IOC:
O. a. melanopterus – (Swainson, 1837): Caribe e África occidental. O. a. antarcticus – (Lesson, 1831): mar Vermello, golfo Pérsico e a parte occidental do océano Índico. O. a. anaethetus – (Scopoli, 1786): leste do océano Índico, e océano Pacífico. O. a. nelsoni – (Ridgway, 1919): costa oeste de México e América Central.
Reprodución Reprodúcese en colonias en illas rochosas. Nidifica nunha escavación ou burato no chan e pon un ovo. Aliméntase mergullándose de cabeza para coller peixes en ambientes mariños, pero tamén os pode coller na superficie como a gaivina negra e o carrán de bico curto. Xeralmente mergúllase directamente, a diferenza do que adoita facer o carrán ártico. Unha parte do cortexo é que o macho lle ofrece un peixe á femia.
miniatura|300px|esquerda|Na illa Lady Elliot, Queensland, Australia
Imaxes con varias plumaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Avibase
Categoría:Láridos Categoría:Animais descritos en 1786