Francesca Giannone, nada en Lecce en 1982, é unha escritora italiana gañadora do Premio Bancarella 2023.

Traxectoria Estudou ciencias da comunicación, e despois no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma, para logo trasladarse a Boloña, onde se encargou da catalogación dos trinta mil volumes da Asociación Luigi Bernardi e asistiu aos cursos de Bottega Finzioni.

En 2023 publicouse a súa primeira novela, La cartera, un fenómeno editorial que vendeu catrocentos mil exemplares nun ano, converténdose na novela italiana máis vendida de 2023 e despois tamén de 2024. A novela, inspirada na historia da súa bisavoa Anna Allevena, valeulle o Premio Bancarella e o Premio Amo Questo Libro das Librarie Giunti. Ese mesmo ano, Lotus Production, unha empresa que forma parte do Leone Film Group, adquiriu os dereitos cinematográficos.

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores de Italia