miniatura|250px|Rhodospiza obsoleta. O pintarroxo do deserto (Rhodospiza obsoleta) é un frinxílido grande marrón que vive no sur de Eurasia. A súa taxonomía é confusa e antes estivo situado nos xéneros Fringilla, Bucanetes, Carduelis e Rhodopechys.

Taxonomía Investigacións recentes feitas por Zamora et al. (2006) revelaron que o pintarroxo do deserto está máis estreitamente relacionado cos frinxílidos verdes do xénero Chloris, como indicaban as análises de secuencias de ADN, vocalizacións e a presenza dunha banda ocular negra. Xeneticamente, parece moi próximo ao devanceiro común dos frinxílidos verdes. Pode ser que este último evolucionase a partir dunha forma do deserto e posteriormente desenvolvese unha plumaxe verde, ou que o devanceiro común dos frinxílidos verdes e o pintarroxo do deserto (que viviu hai arredor de 6 millóns de anos) fose unha especie de hábitat semiárido que seguidamente diverxeu por un lado nunha liñaxe verdadeiramente adaptada ao deserto, representada hoxe polo pintarroxo do deserto, e por outra nun devanceiro da liñaxe dos bosques, os frinxílidos verdes.

Descrición Ten unha envergadura media de 26 cm. Ten un bico negro robusto, rémixes e rectrices negras e brancas, e unha barra rosada en cada á. A femia é de cores máis apagadas que o macho, pero nos individuos non-adultos os sexos teñen un padrón de cores similar.

Ecoloxía

É un residente de desertos en áreas onde pode dispoñerse facilmente de auga, pero pode encontrarse tamén en montañas baixas e pés de montes, e en vales cultivados.

Esta especie non migra a non ser localmente. Congrégase preto de asentamentos humanos afastados e rurais, e as hortas de árbores froiteiras ben regadas en medio de zonas áridas son hábitats ideais. Pode encontrarse alimentándose formando grandes bandadas da súa propia especie ou mesturados con bandadas doutros frinxílidos.

Come sementes e ocasionalmente insectos. Nidifican en árbores na primavera, a miúdo en árbores froiteiras en hortas, e a femia pon e encárgase de incubar de 4 a 6 ovos gris claros, lixeiramente manchados.

miniatura|Ovos de Rhodospiza obsoleta no MHNT.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Groth, J. G. 1994. A mitochondrial cytochrome b phylogeny of cardueline finches. Journal für Ornithologie, 135: 31. Lichtenstein, Martin Heinrich Carl: [Description of Carduelis obsoleta]. En: Eversmann, Eduard Friedrich, Reise von Orenburg nach Buchara. Nebst einem Wortverzeichniss aus der Afghanischen Spracbe begleitet von einem naturhistorischen Anhange und einer Vorrede von Н. Lichtenstein: Apéndice 132. Berlín, 1822. [en alemán]

Categoría:Frinxílidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1823